30/9/13

GUSTO POLA LECTURA

Ao inicio deste novo curso escolar, dende a Biblioteca, deixámosvos estas recomendacións para fomentar o entusiasmo pola lectura e animar a súa práctica.

13/5/13

LETRAS 2013. RECURSOS DIDÁCTICOS.

Esta semana celebramos As Letras Galegas adicadas ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.

Como en anos anteriores Bibliomosteiro achégavos diversos recursos didácticos recompilados pola Coordinadora Galega de ENDL para todos os nosos niveis educativos. Preme na imaxe.

  • Actividades Lim
  • UD
  • Ligazóns
  • Bibliografía
  • Videos
  • etc.

5/4/13

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

Os meniños de primeiro fixemos esta actividade dentro do apartado de Arte do Proxecto “Mascotas”. Montamos un Estudio de Gravación en Bibliomosteiro e recitamos un anaquiño dun libro moi divertido de Yolanda Castaño. (A videomontaxe a podedes ver un pouco máis abaixo).

Created by Readiris, Copyright IRIS 2009

Created by Readiris, Copyright IRIS 2009

Ler en verso axúdanos a mellorar a nosa lectura porque necesitamos respirar moi ben, entoar,... respectar as quendas dos demáis en silencio, manter moito a atención… etc, etc.

7/3/13

VISITA DE CARE SANTOS

O alumnado de 3º de primaria recibiu esta semana á escritora barcelonesa Care Santos nun divertido encontro en Bibliomosteiro.

Se queres saber máis sobre esta autora podes visitar a súa páxina web: www.caresantos.com

DSC_0028

Os rapaces e rapaces de terceiro decoraron a biblioteca cos traballos que fixeron a continuación da lectura do libro “SE VENDE MAMÁ”.

DSC_0026   DSC_0031

Preparamos unha entrevista para saber máis cousas sobre a súa profesión.

DSC_0035

Encantounos ver a Care pasando un bo rato mentres botaba unha ollada aos nosos “ANUNCIOS POR PALABRAS”… Grazas!

DSC_0036   DSC_0032

E cando rematamos asinounos un a un os libros!

DSC_0046   DSC_0047

Mónica fixo una marcapáxinas moi orixinal para regalarlle a Care xunto cos agasallos que tiñamos preparados.

28/1/13

LECTURAS POLA NON VIOLENCIA E A PAZ

DSC_0366

Como ven sendo habitual en datas sinalas podedes acudir a Bibliomosteiro e consultar o listado de lecturas dispoñibles sobre esta materia.

DSC_0371

Algunhas xa están expostas na Biblioteca e pódense usar tanto para Lectura en Sala como en empréstito.

8/1/13

SESIÓN DE CONTOS

O pasado 18 de decembro o alumnado do primeiro ciclo de primaria recibiu ao escritor Chema Heras Varela (preme aqui para máis información).

DSC_0023 (2)

DSC_0034 (2)

Acompañado polo seu amigo, o osiño Federico, contounos unha morea de contos nos que houbo moita…

…atención,

DSC_0031 (2)   DSC_0062

DSC_0035 (2)   DSC_0068

     …sorpresa,

DSC_0053

DSC_0030 (2)  DSC_0036 (2) 

…risas

DSC_0048

DSC_0027 (2)   DSC_0070

…momentos esperados (Martiño!)

DSC_0064

e momentos para non esquecer!