7/12/11

AXUDA AO POBO SAHARAUI

As bibliotecas escolares de Galicia, pertencentes ao PLAMBE,  estamos xuntando libros para mandar aos campamentos de refuxiados e facer máis grande a súa particular biblioteca.
Este é o libro que GOLFIÑO escolleu para que lean os nen@s saharauis:

Esta obra é a historia de Dulari Devi unha muller humilde que conseguiu cambiar unha vida de penoso traballo por unha viaxe ao mundo da arte. Neste libro mergullámonos na tradición india e a través dela coñecemos a arte Mahabani, expresión artística que xorde dos estampados realizados polas mulleres nas paredes, chan das casas e lugares comúns.

1/12/11

SABES O QUE É O BUBISHER?

O significado desta palabra no deserto saharaui é  paxaro que trae boa sorte. Nos campamentos de refuxiados do Sahara, o Bubisher é un bibliobus cargado de libros que recorre as escolas e funciona como biblioteca ambulante, dirixida a nen@s, moz@s e adult@s.

22/11/11

25 NOVEMBRO DÍA CONTRA VIOLENCIA XÉNERO

O venres celebramos o DÍA  CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Dende a biblioteca queremos reflexionar sobre a importancia desta data e promover
a difusión de novos valores, e modelos nas    relacións amorosas que axudan a erradicar esta lacra da nosa sociedade.


A primeira proposta é un libro de Gemma Lienas El diario azul de Carlota


Tes un mozo que te controla demasiado, que se enfada se saes coas amigas, que te envía máis de 25 sms ao día e que se poña ciumento se falas cos rapaces da túa clase....? Carlota decide neste libro empezar un diario sobre a violencia de xénero a partir de testemuños que vai recollendo da súa nai, tía Octavia e mesmo das experiencias que viven amigas ao seu carón.No diario azul de Carlota aparecen tamén outros tipos de violencia: a escolar, a infantil.... e de todas elas ofrécenos recursos para defendernos ante estas situacións de perigo.




A segunda proposta é La cenicienta que no quería comer perdices de Nunila López e Myriam Camerós


Un conto moderno, realista, e profundamente esperanzador que nos amosa a situación de tantas mulleres que un día descubrimos que a nosa vida non é ese conto de fadas que nos prometeron e que o príncipe azul  non é o que aparenta. As autoras adican este libro a todas aquelas mulleres valentes que queren cambiar a súa vida e a todas aquelas que a perderon.
.


¿

16/11/11

SAMAÍN 2011

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free picture slideshow made with Smilebox

2/11/11

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO


O día 4 de novembro celebramos, por segundo ano consecutivo, O Día da Ciencia en Galego.
Este ano está adicado á Química e concretamente á aportación da muller á ciencia. Homenaxeando  figuras como:
A cientifíca universal Marie Curie 

 Marie Curie, naceu como María Sklodowska en Varsovia (Polonia) en 1867 e faleceu en Sancellemoz, Francia, en 1934. Estudiou Física e Química na Universidade da Sorbona, París, da que foi a primeira profesora nos tempos modernos e onde coñeceu o seu marido e compañeiro de investigacións, Pierre Curie.
Marie Curie foi a primeira muller en recibir un Premio Nobel, e a primeira persoa en recoller dous Premios Nobel en dous campos distintos, Física e Química. En 1903 Henri Becquerel, Marie Currie e Pierre Currie, recibiron o Premio Nobel de Física pola súa investigación común sobre o fenómeno da radiación. En 1911 Marie Currie recolleu o Premio Nobel de Química polo descubremento de dous novos elementos: o radio e o polonio.

A matemática galega María Wonenburger.

María Wonenburger naceu en Montrove (Oleiros ) no ano 1927 e desde nena destacou polo seu interés polos números, o deporte e os idiomas. Fixo a licenciatura en Madrid. Foi a primeira española en conseguir unha beca Fulbright para realizar o doutoramento en matemáticas. Así chegou en 1953 á Universidade de Siracusa, en Nova Iorque. Traballou con prestixiosos matemáticos, como Nathan Jacobson, que dirixiu o seudoctorado en Yale. Despois, regresou a España, onde volveu a estudiar o doctorado, ó non lle ser convalidado. Emigrou de novo e traballou en Ontario, Toronto (onde era a única muller que ocupaba un posto de profesora de matemáticas na universidade), Búfalo e Indiana (onde acadou a máxima categoría profesional, a de Full Professor). En 1983 abandonou a súa actividade profesional e trasladouse a súa casa familiar na Coruña, onde reside actualmente
María Wonenburger publicou numerosos artigos en revistas de prestixio no campo matemático e dirixiu oito teses de doutoramento. Destacan o elevado número de citas que aluden ó seu traballo investigador, ademáis de ser citada en numerosos traballos da súa especialidade. Déixounos un importante legado: xunto co seu alumno Roberth Mooby introduciu as chamadas álxebras de Kac-Mooby que xogan un papel central en Matemáticas e Fisica desde os anos 70. A súa labor investigadora levouna a figurar entre os mellores expertos de álxebra do mundo.

25/10/11

SAMAÍN 2011

Chegou o Outono e con el a primeira festividade do curso: O Samaín.
 Dende a Biblioteca do CEIP Victor Saenz chéganos unha ampla variedade de recursos para disfrutar destas datas.Aquí tendes o enlace:
https://sites.google.com/site/recursosparaosamain