E non faltou a cita os tradicionais xogos populares que fixeroan a ledicia dos pequenos e maiores.
25/11/14
MAGOSTO
Co moi bo tempo celebramos o magosto, o día 21 de novembro, cunha farturenta castañada asada polo profesorado do centro.
5/11/14
MOCHILAS VIAXEIRAS
Este ano estreamos estas flamantes Mochilas Viaxeiras cheas de personaxes, viaxes fantásticas e moitas outras cousas máis para descubrir en familia.
Que terán!
Que nervios ?
Ímolo pasar moi ben!
1/11/14
CELEBRACIÓN DO SAMAIN
Na
noite do Samaín, do 31 de outubro ao 1 de novembro, os celtas celebraban o fin
das colleitas e recordaban e rendían culto aos antepasados falecidos.
Antigamente empregaban os cranios
dos inimigos vencidos na batalla para alumealos e colocalos nas encrucilladas
dos camiños para espantar aos espíritus
e almas malignas. Co paso do tempo
foron substituidos por humanizadas cabazas con candeas acendidas no seu
interior.
Que che parecen as nosas cabazas?
29/10/14
COMPARTINDO UN CONTO
Celebramos o Día das Bibliotecas Escolares realizando unha actividade conxunta onde os alumnos de cuarto, quinto e sexto de Primaria léronlle un conto aos maís cativos de primeiro, segundo e terceiro . Amáis de mellorar distintos aspectos da lectura resultou unha agradable experiencia para acercar aos nenos de diferentes idades.
Quen a boa lectura se arrima
boa fortuna lle espera.
Que emocionante!
Outro día cóntaseme outro conto.
Momentos de lectura en exquisita compañia.
22/10/14
RAZÓNS PARA LER
Abrir un libro, pasar as súas follas, soñar, descubrir, aprender... Todos temos algunha razón para ler.
Cal é túa?
Cal é túa?
9/6/14
EXPOSICIÓN FOTOS ANTIGAS
Inauguramos no Colexio o día 5 de xuño unha exposición de fotografías antigas sobre o municipio, que permanecerá aberta ao público ata final de curso para pasar logo a disposición do Concello e asociacións culturais durante o verán.
Na exposición móstranse imaxes dos anos cincuenta, sesenta, setenta, e oitenta aportadas por mestres e alumnos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


