31/10/13

FESTA DAS CABAZAS DE SAMAÍN

Coma todos os anos o concurso de cazabas despertou  un grande interese entre o alumnado. Dificil escoller  entre tantas e tan variadas:  piratas, atrevidas, veloces, artistas, monstruosas, monas, festivas…….  A ti cal  che gusta?
Moitas  grazas por colaborar coas vosas magníficas cabazas.

29/10/13

CARTEIS DE ANIMACIÓN Á LECTURA

"Coa lectura soñarás,nun mundo máxico entrarás" é un dos orixinais consellos que nos da o noso alumnado para animarnos a ler cada día un pouco máis e mergullarnos na maxia das historias.

25/10/13

24 de OUTUBRO, DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

Bibliomosteiro súmase a celebración do Día Internacional das Bibliotecas organizando unhas sesións de contacontos. As alumnas e alumnos de sexto curso de primaria serán os encargados de levar a cabo esta actividade que se celebrará na biblioteca, nos recreos, para o resto do alumnado.



30/9/13

GUSTO POLA LECTURA

Ao inicio deste novo curso escolar, dende a Biblioteca, deixámosvos estas recomendacións para fomentar o entusiasmo pola lectura e animar a súa práctica.

13/5/13

LETRAS 2013. RECURSOS DIDÁCTICOS.

Esta semana celebramos As Letras Galegas adicadas ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.

Como en anos anteriores Bibliomosteiro achégavos diversos recursos didácticos recompilados pola Coordinadora Galega de ENDL para todos os nosos niveis educativos. Preme na imaxe.

  • Actividades Lim
  • UD
  • Ligazóns
  • Bibliografía
  • Videos
  • etc.