12/2/11

CLUBE DE LECTURA "AMIGOS DE GERÓNIMO STILTON"


A semana pasada os nenos-as de 4ºde E. Primaria tivemos a Primeira Xuntanza do Clube de Lectura onde comentamos cousas sobre os libros de Gerónimo Stilton que xa lemos ou estamos lendo. Temos que aproveitar que por fin as nosas profes nos piden que leamos libros que realmente nos gustan.
Esta semana pedímoslle ao Equipo da Biblioteca que nos merque máis libros de Gerónimo Stilton porque os que temos... xa os lemos todos! Dixéronnos que os ían mercan pronto...

UN PASEO POLA ARTE

O alumnado de E. Primaria está a desenvolver un Proxecto Global Interciclos que ten como fío conductor o título: "UN PASEO POLA ARTE". Ao longo deste trimestre os nenos-as participarán en Obradoiros de Pintura, Poesía, Animación á Lectura, etc.

Non te esquezas de botar un ollo aos traballos !

9/2/11

MEMORIAS DUN NENO LABREGO ESTÁ DE ANIVERSARIO


Hai xa 50 anos en que se publicou por primeira vez esta novela en Bos Aires. Dende entón, leva vendidos máis de 600.000 exemplares a través de continuadas reedicións, converténdose nun referente e nun dos grandes éxitos de vendas da literatura galega.


O autor, Xosé Neira Vilas, explica que esta obra naceu no seu momento da " toma de conciencia" de Galicia, a súa terra de orixe, durante a emigración en Arxentina.


Para homenaxear este acontecemento o autor e director teatral Cándido Pazó levará a escena en Galicia unha versión persoal da coñecida obra




21/12/10

MERCAMOS NOVOS LIBROS PARA A BIBLIOTECA

Aquí tendes as novedades editoriais que mercamos para os alumnos de Secundaria. Esperamos que as disfrutedes a tope. Feliz Nadal a todos.









Montaje de vídeo y powerpoint: Fata Morgana
Banda Sonora: Pink Floyd, Shine on your crazy diamond

12/12/10

OS NOSOS TRABALLOS


O alumnado de Educación Primaria estivemos realizando varios traballos durante o primero trimestre. Queremos compartir con tod@s as nosas experiencias.

28/11/10

Caderno de visitas…

No mes de decembro (do 13 ao 17) recibiremos a visita do escritor catalán Joan Manuel Gisbert.
Joan Manuel Gisbert naceu en Barcelona o 16 de outubro de 1949. É un destacado escritor de literatura infantil e xuvenil cuxas obras acadaron os premios máis importantes do ámbito nacional. Os seus textos caracterízanse por estar inspirados en mitos, contos e lendas de tódolos tempos e na súa particular atmosfera de encanto, aventura, misterio, sortilexio e descubrimento.
O alumnado de E. Primaria e 1º e 2º da ESO está a ler algunhas das súas obras como :
  • Los espejos venecianos. Edelvives, 1993.
  • Agualuna. Ilustraciones de Juan Ramón Alonso. Edelvives, 1996.
  • Regalos para el rey del bosque. SM, 2001
  • Orión y los animales magos. Anaya, 2003.
  • Fabulosa noche de San Juan. Edelvives, 2003.
Para os que desexan consultar outras obras do autor:http://es.wikipedia.org/wiki/Joan_Manuel_Gisbert


¡MERGÚLLATE NA LECTURA!

Biblioteca do CPI de Mosteiro-Meis