11/12/23

NON MIRES PARA OUTRO LADO

Aroa, Irene, Daniela, Nerea, Karen, Martina e un nutrido grupo de pandeireteiras formado por alumnas e profesoras puxeron voz e música ás conmemoracións da última semana de Novembro: o Día da Música e o Día internacional contra a Violencia de Xénero. Velaí vai un resumo desta semana chea de emocións.

 

 

Asemade, a comunidade educativa do CPI Mosteiro-Meis participou na creación dunha lista de reproducción con músicas de mulleres. Podedes escoitala aquí:

 

21/9/22

O 24 DE SETEMBRO ABRIMOS O TELÓN EN PORTAPISÓN

 O vindeiro sábado 24 de setembro, abrimos o telón en Portapisón. 

Anímate a participar nesta actividade que aúna teatro e natureza, e pensada para toda a familia. 


Podes inscribirte aquí

Lémonos o sábado! 

10/2/22

AS CIENTÍFICAS NOS NOSOS LIBROS

Coincidindo co Día da nena e da muller na ciencia, o  venres 11 de febreiro, animámosvos a descubrir algunhas mulleres científicas que se aloxan na nosa Biblioteca, e que quizáis vos apeteza acoller nos vosos fogares durante uns días... 

Comezamos cun libro que xa se está a converter nun clásico: 



Presenta nun formato atractivo, con textos breves e ilustracións orixinais, a vida e obras de 25 científicas que cambiaron o mundo. Entre elas, atópase a española María Teresa Toral, presentada coma "química antifascista".






A 50 pioneiras españolas de tódolos campos do saber adícase estoutro libro. 



Podemos atopar a varias científicas, coma por exemplo Ángeles Ruíz Robles: 


Se prefires a banda deseñada, Valerosas é o libro que estabas a buscar. 



Entre outras mulleres que só fan o que elas queren (non o dicimos nós, é o que pon na portada do libro) está a historia de Agnodice, a primeira xinecóloga da Historia, cunha vida máis que interesante. 



Deixamos para o final un libro que agrupa os dous grandes proxectos da nosa Biblioteca para este curso: Mulleres que contaron e a Biblioteca verde. 



En "Árbores que non arden" varias autoras, reunidas no Proxecto Batefogo, abordan a figura indispensable das mulleres na prevención de incendios forestais. Velaquí unha mostra das súas interesantes aportacións. 




Se te animas a levar algúns destes libros para a túa casa ou para a túa clase, enche este  formulario e recólleo no Anexo da Biblioteca no primeiro andar. 


Feliz lectura! 


30/1/22

A PAZ COMEZA CUN LIBRO

A Paz comeza cun libro: velaquí o noso lema para este Día da Paz escolar e da Non Violencia. 

O vindeiro martes 1 de febreiro celebrarémolo no CPI Mosteiro-Meis. De feito, estas últimas semanas xa se comezaron a preparar as diferentes actividades: murais, teatro de marionetas, actividades musicais... 

Dende a Biblioteca, queremos compartir hoxe 30 de Xaneiro, conmemorando o falecemento do Mahatma Gandhi, libros que temos na nosa Biblioteca e que nos inspiran paz.

Para os máis cativos, que comezan a ler, ou para disfrutar en familia: 




Para os lectores da Sección verde, entre os 8 e os 11 anos, aconsellamos un clásico, que en realidade se pode ler a calquera idade: 

E tamén para ler sós ou en familia, esta novidade de Eloy Moreno, da que existen xa varias edicións: 




Para os lectores da sección amarela, aconsellamos un libro que foi parte do Club de Lectura de Secundaria no curso 2020-21, e que gustou e emocionou a partes iguais: 





Para os lectores máis avezados do noso centro, propoñemos dúas bandas deseñadas que foron grandes éxitos e xa son clásicos do século XXI para entender o que aconteceu no século XX: 




E para rematar, presentamos unha proposta para docentes e familias. Trátase do último libro de César Bona, que cuestiona algúns cimentos da educación actual, procurando asemade respostas humanizadoras e achegadas á nosa realidade. 




Todos estes, e moitos máis libros, están na nosa Biblioteca. Podes collelos prestados enchendo este formulario de préstamo

Feliz Semana da Paz no CPI Mosteiro-Meis!