24/3/11

NOVAS E PRIMAVERAIS ADQUISICIÓNS





Ola, queridos seguidores. Coa chegada da primavera queremos mostrarvos os últimos libros que temos comprado. Esperamos que sexan do voso agrado:






Comezamos coa cuarta entrega de Fairy Oak, "Adiós, Fairy Oak"











Seguindo con Fairy Oak, temos novos títulos da seguinte tetraloxía:









"Capitán Grisam y el amor"







"Los hechiceros días de Shirley"








"Flox de los colores"



Tamén dispoñemos dun novo éxito editorial: "Rubí". A encantadora Gwen descobre un día que ten un curioso talento: é capaz de viaxar a través do tempo.


Vaia título tan... suxestivo ¿non? Máis bruxas adolescentes, esta vez intentando arranxar a súa vida amorosa e a dos seus pais. ¡Apaixoante!












Pois para títulos suxerentes, este non se queda atrás, que digamos... A segunda parte de "Escobas y bikinis" promete, desde logo que si.












Máis bruxas, agora cun detective privado moi especial: un morcego. Divertidísima.

















Máis aventuras co detective voador máis famoso











Joanna, unha rapaza que quere ser escritora, descobre que ten un poder secreto. ¡Que envexa!












Nesta segunda parte, Joanna segue a facer uso do seu incrible poder. Non te perdas as súas aventuras.




Ben, amigos, isto é todo. Non vos queixedes, que estamos a rascar o peto a base de ben con tal de ter satisfeitos aos nosos lectores. Esperámosvos para o empréstito e supoñemos que voarán no primeiro recreo. Ata a próxima.

23/3/11

ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA EL DÍA DEL LIBRO

Como todos los años, el Departamento de Lengua Española tiene el honor de organizar las actividades del Día del Libro. Este año nos tocará estar de vacaciones de Semana Santa, así que tendrán lugar durante la última semana antes de nuestro bien merecido descanso, entre el 11 y el 15 de Abril.

Como ya sabréis, este año el galardonado con el Premio Nobel de Literatura ha sido el escritor peruano Mario Vargas Llosa y a él dedicaremos esa semana. Las actividades programadas son las siguientes:
  • Exposición sobre la vida y obra del autor, incluyendo información en powerpoint.
  • Actividades en el aula sobre la obra de Mario Vargas Llosa.
  • Organización de un mercadillo de libros usados. ¡Magnífica oportunidad para hacerse con títulos nuevos sin gastar dinero, no os lo perdáis!
  • Y, por supuesto, no podía faltar nuestro Amigo Invisible. Ya sabéis, hay que fomentar el reciclaje y regalar un libro usado, que no viejo, acompañado de una flor natural o de cualquier material.

Seguiremos en contacto. Ya sabéis que el Día del Libro nos encanta.




16/3/11

A HORA DE LER

Levamos dende o 8 de novembro desenvolvendo a iniciativa da "hora de ler". Unha hora a semana todo o ensino secundario adica unha sesión a esta actividade. Cada un trae o seu libro, o que máis lle guste, aínda que moitos alumnos soen elixir algún dos obrigados polas programacións das distintas materias. A actividade parece ter sido acollida con agrado por parte do alumnado. Mirade o ben que lemos:




2/3/11

TRABALLOS 1º TRIMESTRE


Se queres ver os traballos publicados polo alumnado de E. Primaria preme aquí.

POEMAS DE ANIMALES


Os alumnos e alumnas de 2ºA de E. Primaria xa temos publicado o noso libro de poemas. Esperamos que vos guste! Ver Libro.

CRÓNICAS VAMPÍRICAS

 Literatura actual ¡e tan actual! Xa temos os seis volumes de "Crónicas vampíricas" á vosa disposición para empréstito. Se despois non podedes durmir... Non nos botedes a culpa.
Esperamos que disfrutedes moito coa lectura

               

A verdade es que mesmo as portadas dan arrepíos
 
Xa nos contaredes se dá moito medo...


1/3/11

CADERNO DE VISITAS...


O vindeiro día 24 de marzo o alumnado de 1º ciclo de Educación Primaria recibirá a visita do "debuxantescritorcomiqueiropintor" vigués JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO.

Se queres coñecer máis cousas sobre este autor visita o seu blog na:
http://jacobofernandezserrano.blogspot.com/